Adquisición das licenzas de dereito de uso de Usuario Final Campus, con cobertura de servizos de mantemento e soporte, con licenciamento ilimitado, de MathWorks “Campus-Wide Suite”, “MATLAB Academic Online Training Suite” (MAOTS) e “MATLAB Grader”, ou progr. informáticos equivalentes, para as Universidades que forman parte do Consorcio CIXUG en diante as Univer. SUG, no período 2026 ao 2029.
Buyer
CountryES
Published2026-07-20
Deadline—
Value
Estimated—
Awarded—
CPV codes
48000000 Software & information systemsDescription
As Universidades de Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela, que conforman o Sistema Universitario de Galicia, en diante “Universidades do SUG”, necesitan contar cun software, tanto para a docencia, como para a investigación, que sexa recoñecido como unha referencia na área de simulación científica e tecnolóxica dentro do ámbito universitario e cun amplo uso dentro de diferentes sectores industriais, de modo que permita incrementar a empregabilidade dos seus egresados. Adicionalmente, é requirimento que o produto poida ser utilizado durante todo o ciclo de docencia dos graos, mestrados e doutoramentos, tanto polo alumnado, como polo profesorado e toda a comunidade científica. O produto debe facilitar a docencia e investigación en todas aquelas áreas que requiran a utilización de ferramentas matemáticas, estatísticas e optimización de procesos de alto rendemento, sistemas de control e monitorización, procesamento de sinais e comunicacións, procesamento de imaxes e visión artificial, instrumentación, probas e medición, finanzas computacionais, simulación de escenarios micro e macro económicos, xeración de código e verificación, imprementación de aplicacións, modelos atmosféricos, análises de estruturas, simulación biomédica, modelos físicos, simulación e probas en tempo real, gráficas de simulación e informes, cálculo paralelo, bioloxía computacional, simulacións nas áreas demográficas, análises de modelos de propagación de virus e bacterias, entre outros e non menos importantes. Nas materias troncais asociadas ás matemáticas, físicas e químicas, contar con este tipo de ferramenta permite acelerar os procesos de aprendizaxe, permitindo á docencia a explicación e mellor entendemento de conceptos complexos, que a través da simulación de ecuacións e visualización de gráficos preparan ao alumnado ao entendemento de conceptos máis complexos nun menor tempo. A ferramenta que se utiliza require, contar cunha linguaxe orientada ás matemáticas, cun sistema de visualización e librarías integradas ao produto e deseñadas para colaborar e interactuar entre elas. A todo isto, e dada a complexidade deste tipo de solucións, é imperativo contar cunha empresa que teña un equipo de soporte técnico altamente capacitado, non só no coñecemento da ferramenta básica, senón tamén das áreas de especialización, detalladas anteriormente, e que veñen recollidas no conxunto de librarías e/ou aplicacións que a integran. Na área
Similar tenders
Closest by meaning — across languages, via embeddings.